Close
Close

Quen somos

Galiza Ano Cero naceu como título para englobar unha serie de coloquios que o Colectivo Robin Hood organizou na Coruña no outono de 2012, coincidindo coas eleccións autonómicas. Tratábase, con humildade, de contribuír á renovación das esquerdas social e política nun momento de emerxencia, abrindo unha vía de diálogo e encontro entre partidos e movementos.

Aquelas dúas primeiras sesións, retransmitidas –e seguidas, milagrosamente– nun streaming de baixa calidade, permitíronnos constatar que había alguén do outro lado, que non estabamos soas, e que pagaba a pena mellorar as condicións técnicas desa canle de difusión e intentar, dalgún xeito, facer televisión dende abaixo á esquerda. Foi aí onde naceu realmente este proxecto.

O grupo promotor

Nunha primeira fase, contribuíron dun xeito ou doutro a darlle forma a esta idea Héctor Barandela, José Ángel Brandariz, Elena Cardezo, Rubém Centeno, José de Carricarte, Ana Domínguez, José Luis Ducid, Rocío Fraga, Antón Gómez-Reino, David Huesi, Sisco Lariño, Juan Lesta, Miguel Mariño, Antón Martínez Durán, Iago Martínez, Carlos Clemente Martínez Gallego, Ana Montes, Marcos Nine, Claudio Pato, Iria Pinheiro, Susana Ríos González, Daniel R. Cao, Ángel Rueda, Xabier Sánchez Lombardero, José Manuel Sande e Rodri Suárez.

A petición dalgunhas usuarias fixemos pública esta listaxe de nomes como un exercicio de transparencia, pero como tal, o grupo promotor de Galiza Ano Cero xa non existe. Dende o momento en que constituímos a asociación cultural, financiamos o lanzamento a través de Verkami e abrimos de par en par as portas dos grupos de traballo e a asemblea de socias e socios, as persoas que fan realidade este proxecto son outras.

A xunta directiva

Dende o 23 de marzo de 2013, Galiza Ano Cero é tamén unha asociación cultural dotada cuns estatutos, unhas liñas estratéxicas e unha xunta directiva á que pertencen, logo do referendo da asemblea xeral do 15 de setembro, as seguintes persoas:

Presidente | José Manuel Sande
Vicepresidenta | Rocío Fraga
Secretario | Xabier S. Lombardero
Tesoureiro | Daniel R. Cao
Vogal | Claudio Pato
Vogal | Iria Pinheiro
Vogal | Iago Martínez

A asemblea, os grupos de traballos e as mecenas

Hoxe tamén forman parte de Galiza Ano Cero máis de medio cento de socias e socios, todas aquelas usuarias que se achegan a este web e ducias de persoas involucradas na rede de grupos de traballo que saca adiante o día a día deste canal.

E xunto a elas, as máis de 200 que nos axudaron a relanzar este proxecto coas súas achegas económicas: as nosas mecenas en Verkami. Estes son os seus nomes:

Elena, Cá Bissau, Eloy García, Gonzalo Goás, María Reimóndez, Agustín Fernández Paz, Alba Nogueira, Daniel Salgado, Irene Cancelas, Um de Golmar, María Xosé Bravo, Francisco Lorenzo Penela, Rodolfo Pardo, Víctor Sampedro, Artemio Lándoas, Carme, Manuel, Manuel Darriba, Manuel M. Barreiro, Neves, Rita González, Sergio Sánchez Lombardero, Xabier Sánchez Lombardero, Teresa Souto, Alexandre Cancelo, Alfonso Zarauza, Tati Mancebo, Antía Rodríguez, Berio Molina, Alberte Pagán, Betún, Guillerme Ignacio Costa, Ángeles Huerta, Javier Jagino Bocija, Helena Miguélez-Carballeira, Iolanda Galanes, Joám Casas, Ouvirmos, Luísa Gómez, Natalia Balseiro, Olalla Cociña, Paz Raña Lama, Roberto López Veiga, Xosé R. Cortés, Conchi Álvarez Alba, Marta Boubeta, Xabier P. DoCampo, Xurxo Fernández Sánchez, Abe Rábade, Alberto Garcia, Pedro Solla, Alberto Fortes Novoa, Inácio Martínez Orero, Pablo Leira, Damián Carreira, Xurxo Martínez Gómez, Adrián Magro, Alber Tolo, Alberto Ramos, Ana Ares, Antía Pérez Caramés, Antonio Pérez Casas, Ánxeles Torres, Antonio Peleteiro, Belén Fernández Suárez, Bernal Vilela López, Bieito, Brigantia, La Tuerka CMI, Ángel Santos, Daniel R. Cao, Daniel Espiñeira, David Iglesias, desescribir, Helea Sáiz Bermejo, Filmoteca Fórum, Illa Bufarda, Laura Cruz, Luís Franqueira, Lupe Ces, Manoel Santos (Altermundo), Manuel Puga Moruxa, Gema García González, Matilde Rodríguez Vázquez, Miguel Blanco Hortas, Curioso Impertinente, Natalia, Patasdepeixe Editora, Roquinho-Paula-Cholo, Paulo Rodríguez, Ricardo Couso, Rodri Suárez, Raul Rios, Sak, Tomé Meira, Txiki Martins, Fran Rei García, Xoan R. Sampedro, Carlos Ares, Mario Gómez Calviño, Alejandro Quiñoá Casteleiro, Antón X. Díaz Gómez, Jessica Beiroa, Aritz Galarraga, Ana Salgado, Beli Martínez, Blanca Durán Moreiras, Bruno Vilela López, Carlos Valcárcel Riveiro, Carme Nogueira, Comba Campoy, David Rodeiro, Eduardo Coello, Eloy Domínguez Serén, Gabriel Pérez Durán, Imanol, Joám Paz, Lara do Ar, Lucía Herrero, Luis Barba, Luís M. López, Malú, Manolo do Picoverde, Manuel González Priet, Marga Tojo, María Costas, María Roja, María Yáñez Anllo, Martiño Noriega, Diana Ramos, Martina Erea Fernández Udías, Noe Candal, Manuel del Río Regos, David Rodríguez, Pedro Pablo Alonso, Ramón Fernández Sánchez, Jaime, Uqui Permui, Víctor Honorato, Xosé Carlos Hidalgo, Duarte Romero Varela, Xesús M. Mosquera Carregal, Xosé A. Martínez, Xurxo Chirro, Adrián Magro, Quique Alvarellos, Amador Lorenzo, Bea, Bruno Lopes Teixeiro, Carolina Martinez Garcia, Cibrán Tenreiro, Damen Alonso, Antonio García Moreno 'Agencia Afni', Fani, Fernanda del Nido, Brais Fortes Novoa, R.R.C., Helena R. Cao, Iria Pinheiro, Isabel Risco, Jaione Camborda, José Lemur, Miguel Rodríguez Fernández, Mar Catarina, Miguel Otero, Mª Lourdes Regueira Guntín, Jorge, Marta Pérez Pereiro, Olivia, Paulo Vilasenin, Pedro Granell, André Pequeno Monstro, Santi Martínez López, Sara, Simón, Xabier Villares, Iago Palmeiro, Xosé Rial Pérez, Brais Romanino, Diego, Pablo Cayuela, Paco Manrique, Ramiro, Vicky Pérez, Óscar Vilariño Ramos.

Máis agradecementos

Por último, aínda que non temos capacidade para lembrar a interminábel listaxe de persoas e colectivos que forman o substrato de conversas, discusións, ilusións, iniciativas e proxectos sobre os que descansa e se inspira o nacemento da nosa iniciativa. Porén, con franqueza, queremos nomear GalizaContrainfo, polo seu inxente traballo de retrato directo e realista de alegrias e resistencias, e o primeiro colectivo que empregou a linguaxe audiovisual no país de e dende os movementos sociais, Olholivre, por ter sido vehículo comunicativo inicial así como referente emocional e discursivo inescusábel.

Últimos chíos

Feito dende e

Reply Retweet Favorite

O Centro Cultural e Veciñal Valladares (Vigo) organizan os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro o festival de cul… https://t.co/QwRYyAMwXu

Reply Retweet Favorite
Fai unha doazón Colabora con Galiza Ano Cero

0,90€

Doar

Ti escolles: fai unha microdoazón de 0,90€ ou escribe a cantidade e fai clic en doar.