Close
Close

Que é isto

Un canal de televisión sen ánimo de lucro na internet. Contidos producidos de maneira colectiva e horizontal, en código aberto e con transparencia, da comunidade para a comunidade, e difundidos baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (CC BY-NC-SA). Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.

Unha comunidade aberta. Unha rede de grupos de traballo que poñen en común ideas, afectos e man de obra para construír unha ferramenta, non unha mercadoría. Calquera pode entrar e saír. Calquera pode facerse oír e traballar. Será o que todas queiramos que sexa.

Unha organización borrosa con instancias desencaixadas pero solidarias entre si. Unha asemblea de socias e socios, unha serie de grupos de traballo abertos e autónomos e unha comunidade virtual arredor do web. Un experimento de ecoloxía organizativa.

Un banco de horas administrado colectivamente pola comunidade. Unha ferramenta que permite afrontar todas as tarefas derivadas da produción de contidos de maneira democrática e sustentábel, optimizando esforzos e recursos e permitindo a implicación de calquera.

Unha asociación cultural que dá soporte á comunidade e ao canal de televisión, autofinanciada mediante as cotas das socias e as doazóns de calquera. 

Un portal web e unha constelación de redes sociais. Un obradoiro coas paredes de cristal no que a comunidade e o canal se expresan, traballan e escoitan, á vista de calquera. Nada que ocultar.

E isto é só o principio. O resto decidímolo entre todas.

Últimos chíos

Feito dende e

Reply Retweet Favorite

O Centro Cultural e Veciñal Valladares (Vigo) organizan os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro o festival de cul… https://t.co/QwRYyAMwXu

Reply Retweet Favorite
Fai unha doazón Colabora con Galiza Ano Cero

0,90€

Doar

Ti escolles: fai unha microdoazón de 0,90€ ou escribe a cantidade e fai clic en doar.