Close
Close

FAQ

Acceso e espazo persoal

1. Como podo acceder ao meu espazo persoal? Dende a páxina inicial, clicando no icono de persoa que atoparás na parte superior dereita. Cubres os campos –se es socia, cos datos que recibiches por correo–, clicas "Entrar" e listo!

2. Que fago se non lembro o meu contrasinal? Clicando en "Novo contrasinal" e aportando o teu enderezo de correo de rexistro, enviarémosche un novo.

3. Quero cambiar o meu contrasinal. Unha vez que accedas ao teu espazo persoal, clicas no teu nome de usuaria (esquina superior dereita). Abrirase unha ficha dende a que, clicando "Editar", poderás cambiar o teu contrasinal por outro ao teu gusto.

4. Podo poñer unha foto no meu perfil? Dende logo! Sigue os pasos do punto 3. Dende aí, clicando en "Examinar", poderás importar unha imaxe do teu equipo.

5. Como podo agregar contido? Dende o teu espazo persoal, clicando na esquina superior esquerda "Agregar contido", poderás publicar a túa entrada no blog de socios. Lembra "Gardar" (esquina inferior esquerda) ao rematar!

Galiza Ano Cero

6. Como podo colaborar con Galiza Ano Cero? Na pestana "Participar" atoparás un resumo de todas as opcións. Se tes calquera dúbida, podes consultárnola dende "Contacto".

7. Teño unha idea, onde podo dirixila? Na pestana "Contacto" hai unha listaxe con todos os enderezos de correo. Diríxete á máis axeitada ou escribe ao noso correo xeral.

8. Estou pensando en asociarme. Onde podo informarme? Na pestana "Participar" tes un formulario. Se tes dúbidas, escríbenos ao enderezo de contacto.

Web

9. Busco un contido concreto, como podo atopalo? Existen varias vías. Clicando na lupa da esquina superior dereita poderás escribir un termo para a túa busca. A páxina devolverache unha listaxe con todos os resultados que o conteñan.
Dende a portada da páxina, podes cribar contidos por tipos. Clicando en debates, directos, entrevistas... resaltaranse os resultados de portada que correspondan á túa busca.

Últimos chíos

RT @:

Reply Retweet Favorite

RT @:

Reply Retweet Favorite

Ningunha persoa é ilegal. https://t.co/n85GtxG0fO

Reply Retweet Favorite
Fai unha doazón Colabora con Galiza Ano Cero

0,90€

Doar

Ti escolles: fai unha microdoazón de 0,90€ ou escribe a cantidade e fai clic en doar.