Close
Close

Estatutos

Galiza Ano Cero constituíuse como asociación cultural o 25 de marzo de 2013 e dotouse dunha directiva provisional e uns estatutos, ambas as dúas cousas referendadas na asemblea xeral do 15 de setembro. Estes son os nosos estatutos:

 

CAPÍTULO I - Denominación, Domicilio e Fins

Art 1. Denominación

Coa denominación Galiza Ano Cero constitúese a presente Asociación Sociocultural sen ánimo de lucro ao abeiro da Lei 1/2002 de 22 de marzo e normas complementarias.

Art 2. Enderezo e ámbito territorial

O enderezo da Asociación establécese en R/ San Fernando, 7 - Entreplanta C do CP 15002 da Coruña. 

O ámbito territorial no que vai realizar principalmente as suas actividades será a Comunidade Autónoma de Galicia.

Art 3. Fins da Asociación

1. Abrir canais para o intercambio e a divulgación de ideas abertos á participación.

2. Producir contidos audiovisuais baixo licenzas libres.

3. Facilitar un espazo comunicativo para a promoción e a divulgación da lingua galega.

 

 

CAPÍTULO II - Membros da Asociación

Art 4. Socias e socios

Poderanse asociar a Galiza Ano Cero todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se incorporen á mesma e estean dispostas a implicarse para acadar os  seus fins.

Poderán ser parte da Asociación aquelas personas físicas ou xurídicas que pola súa natureza, características ou pronunciamentos sexan afíns aos principios da Asociación. En caso de xurdir dúbidas sobre a afinidade, será a Asemblea Xeral a que decida a admisión ou non da solicitude. 

As novas solicitudes serán presentadas por escrito á Xunta Directiva.

Art 5. Dereitos das persoas asociadas

As socias e socios terán os seguintes dereitos:

a) Asistir con voz e voto ás reunións da Asamblea Xeral.

b) Participar, activa e pasivamente, das votacións para os cargos representativos e directivos da asociación.

c) Recibir información das actividades da Asociación, dos acordos adoptados e do estado das contas.

d) Ser escoitada ou escoitado previamente á adopción de medidas disciplinarias.

e) Formar parte dos distintos grupos de traballo.

f) Contribuír de forma solidaria ao mantemento económico da Asociación.

Art 6. Deberes das persoas asociadas

a) Acatar os presentes Estatutos e demais lexislación complementaria.

b) Comprometerse coas finalidades da Asociación e participar activamente para acadalas.

c) Contribuir, no seu caso, ao sostemento económico da Asociación, cunha cota inicial mínima de 30 euros que só afectará ao grupo fundador e unha posterior de 10 euros mensuais, 5 euros no caso de estar en situación de desemprego ou cursando estudos.

d) Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno da Asociación.

e) Aboar no prazo establecido as cotas que se aproben pola Asemblea Xeral de socios.

Art 7. Perda da condición de persoa asociada

a) Baixa voluntaria: cando así o decida a persoa interesada e o comunique expresamente á Xunta Directiva.

b) Baixa Forzosa: cando sexan incumpridas as obrigas fixadas nestes Estatutos.

c) Expulsión: pola comisión dunha falta grave e previo expedente instruído pola Xunta Directiva e resolución de expulsión previa audiencia da persoa expedientada (se así o desexa) nunha Asemblea Xeral.

Art 8. Réxime Económico

1. Esta Asociación carece de patrimonio fundacional.

2. Os seus recursos económicos virán:

a) Cotas das persoas asociadas que no seu caso se poidan establecer na Asamblea xeral.

b) Subvencións públicas ou privadas.

c) Doazóns, herdanzas ou legados.

d) Rendas de patrimonio ou outros ingresos que se poidan obter.

3. O réximen económico coincidirá co ano natural e quedará pechado a 31 de decembro.

Art 9. Réxime Disciplinario

En caso de que unha persoa asociada provoque algún conflito no seo da asociación ou prexudique os fins da asociación procederase á apertura de expediente por parte da Xunta Directiva. 

A persoa ou persoas expedientadas terán dereito a presentar alegacións e ser escoitadas pola Xunta directiva ou no órgano que a Asociación nomee para estas situacións.

Unha vez finalizado o expediente, na seguinte asemblea xeral que se celebre resolverase o expediente.

O Regulamento de Réxime Interno estipulará as medidas que se poden adoptar coa(s) persoa(s) expedientada(s) durante o periodo que dure o proceso.

 

 

CAPÍTULO III - Órgano de Goberno da Asociación

Art 10. Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é o Órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrado por todas as persoas asociadas.

Son facultades da Asemblea:

a) Nomeamento e separación dos órganos de goberno así como o control da súa actividade.

b) Constitución ou integración en federacións.

c) Acordar a baixa forzosa ou expulsión das persoas asociadas.

d) Aprobación do Regulamento de Réxime Interno.

e) Disolución da Asociación.

f) Resolver calquera cuestión non atribuída a ningún outro órgano da Asociación.

A relación destas facultades ten un caracter enunciativo e non limitará as atribucións da Asemblea Xeral.

Art 11. Reunións

As reunións da Asemblea Xeral serán Ordinarias e Extraordinarias. A reunión Ordinaria celebrarase como mínimo unha vez ao ano e nela aprobarase o Informe de Xestión e o estado de contas da Asociación. 

As Asembleas Extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen a proposta da Xunta Directiva ou cando o propoña por escrito o 20% das persoas asociadas. Nestes casos, celebrarase a Asémblea Extraordinaria no termo de 30 días dende que se presenta a solicitude para celebrala.

Art 12. Convocatorias

As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse polo órganos de goberno da Asociación e faranse por escrito expresando o lugar, data e hora da reunión así como a orde do día con expresión concreta dos puntos a tratar.

Entre a convocatoria e a data da celebración da primeira convocatoria dunha Asemblea Xeral haberán de mediar polo menos quince días, farase constar, se procedese, o lugar ,data e hora da  reunión en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a quince minutos.

Un mínimo do 10% da afiliación poderá solicitar aos órganos de goberno a inclusión na orde do día dun ou máis asuntos a tratar e, se xa foi convocada a Asamblea, sempre que o faga cinco días antes á data da reunión.

Art 13. Constitución e votos

1. A Asemblea Xeral constituirase validamente en primeira convocatoria cando concorran 2/3 das persoas asociadas  e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de presentes con dereito a voto. 

2. Nas reunións da Asemblea xeral corresponderá un voto por persoa.

3. Os acordos serán de obrigado cumprimento para todos os membros da Asociación.

4. Á hora do cómputo dos votos, terán a mesma consideración un voto de socia ou socio individual como o da persoa que represente a unha persoa xurídica. 

5. Só será admitido o voto de xeito presencial, polo que non cabe ser validado un voto delegado ou realizado por calquera outro medio.

Art 14. Acordos

Toda a afiliación da Asociación procurará o consenso para a toma das decisións. Para o suposto de que o consenso non fose posible o proceso para a toma de acordos non poderá durar máis dun mes e o acordo tomaríase por maioría simple e, en todo caso, cualificada de 2/3 da afiliación para a toma dos seguinte acordos:

a) Modificación dos presentes Estatutos.

b) Disposición ou alleamento de bens da Asociación.

c) Constitución ou integración en Federacións.

d) Disolución da Asociación.

e) Separación ou expulsión dalgunha persoa asociada.

f) Creación de novos grupos de traballo.

Art 15. Actas da sesión

As reunións da Asamblea serán dirixidas por un órgano de presidencia e outro de secretaría designado ao inicio de cada sesión.

A secretaría redactará a Acta que será asinada pola Presidencia e deberá conter como mínimo, o número de asistentes, a orde do día, un extracto das deliberacións, os acordos tomados e, no seu caso, o resultado das votacións.

Ao comenzo de cada sesión da Asemblea Xeral deberá aprobarse a Acta anterior.

 

 

CAPÍTULO IV - Organos de Representación

Art 16. Potestades da Xunta Directiva

A Xunta directiva será elixida por consenso e, en caso de non existir, por maioría simple nunha Asemblea Xeral.

A Xunta Directiva representa, dirixe e administra a Asociación, da maneira máis ampla que recoñeza a lei e sempre que non requira a autorización expresa da Asamblea Xeral.

De modo particular:

a) Dirixirá as actividades sociais e a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos actos e contratos.

b) Executará os acordos da Asemblea Xeral.

c) Formulará e sometera á aprobación da Asemblea Xeral os Balances e Contas Anuais. 

d) Calquera outra facultade non atribuída especificamente a outro órgano de goberno da Asociación ou que se delegue a esta expresamente.

Art 17. Conformación da Xunta Directiva

1. A Xunta Directiva estará formada por sete órganos: Presidencia, Secretaría e Tesoureiría, máis catro vogais a escoller pola Asemblea Xeral. Os órganos deberán estar ocupados por persoas diferentes.

2. O mandato terá unha duración máxima de dous anos e durará até a aceptación dos seus cargos pola nova Directiva. 

3. O cesamento nos seus cargos poderá ser:

a) Por finalización do seu mandato.

b) Dimisión.

c) Baixa como persoa asociada.

d) Sanción pola comisión dunha falta grave.

4. As vacantes cubriranse na primeira reunión da Asemblea Xeral. Mentras tanto unha persoa asociada poderá cubrir provisionalmente a vacante.

5. Os cargos da Xunta Directiva non serán remunerados.

Art 18. Reunións

A Xunta Directiva reunirase en sesión ordinaria cantas veces o determine a Presidencia e en sesión extraordinaria cando así a convoque o devandito órgano ou o solicite a maioría  simple das persoas que a compoñan. Como mínimo reunirase dúas veces ao ano.

A Xunta Directiva quedará validamente constituída coa metade máis un dos apoios. Será necesaria a a representación de Presidencia ou Secretaría ou membro que o substitúa.

Os seus acordos buscarán o consenso pero en caso de votación será suficiente a maioría simple das persoas asociadas presentes.

Art 19. Libro de Actas

Os acordos da Xunta Directiva faranse constar no Libro de Actas asinados pola Presidencia e a Secretaría. Ao inicio de cada sesión deberanse aprobar os acordos da sesión anterior.

Art 20. Presidencia

A Presidencia terá as seguintes facultades:

a) Dirixir e representar legalmente á Asociación.

b) Presidir e dirixir os debates da Xunta Directiva.

c) Convocar as reunións da Xunta Directiva.

d) Visar os certificados confeccionados polo Secretario.

e) As demais atribucións propias do cargo e aquelas que deleguen a Asemblea ou a Xunta Directiva.

f) Convocar as Asembleas Xerais.

2. A Presidencia será renovada, en caso de ausencia ou enfermidade, pola vogalía de máis idade da Xunta Directiva.

Art 21. Tesouraría

A Tesouraría terá como función a custodia e o control dos recursos da Asociación, así como a elaboración dos orzamentos, o balance e a liquidación das contas. Pagará as facturas aprobadas pola Xunta Directiva e visadas pola Presidencia.

Art 22. Secretaría

Correspóndelle a custodia da documentación da Asociación. Redactará e asinará as Actas das reunións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva. Redactará as certificacións e terá baixo a sua responsabilidade o libro de rexistro de afiliación.

Art 23. Comisións

A constitución, modificación ou extinción das Comisións correspóndelle á Asemblea Xeral.

A Xunta Directiva ou o órgano no que esta delegue fará o seguemento e coordinación do seu funcionamento.

Art 24. Regulamento de Réxime Interno

A Asociación dotarase dun Regulamento de réxime interno que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, tanto inicialmente como as suas modificacións e que establecerá: metodos de xestión, distribución pormenorizada das tarefas que lle correspondan a cada comisión, causas para abrir expediente sancionador, así como outros aspectos e metodoloxías que se consideren importantes detallar para o bo funcionamento colectivo.

 

 

CAPÍTULO V - Disolución

Art 25. Disolución

A Asociación poderá ser disolta pola Asemblea Xeral, convocada con carácter extraordinario para ese fin.

A Asemblea Xeral estará facultada para elixir unha comisión liquidadora se así o cre necesario. No seu defecto, a Xunta Directiva será o órgano competente para levala a cabo.

O remanante da liquidación destinarase a unha entidade pública ou privada sen ánimo de lucro elixida pola Asamblea Xeral.

Últimos chíos

RT @:

Reply Retweet Favorite

RT @:

Reply Retweet Favorite

Ningunha persoa é ilegal. https://t.co/n85GtxG0fO

Reply Retweet Favorite
Fai unha doazón Colabora con Galiza Ano Cero

0,90€

Doar

Ti escolles: fai unha microdoazón de 0,90€ ou escribe a cantidade e fai clic en doar.