Close
Close

Parlamentos, para que?

Con Ana Miranda, Martiño Noriega, Xoán Mosquera e Anxo Lugilde

Debate ·

Comeza o curso político e reiniciamos, a un tempo, a programación de Galiza Ano Cero. Debates, entrevistas, discusións. Formatos varios e un programa semanal para vertebrar o que nós gustamos de chamar #outratv, sempre abaixo e á esquerda.

O debate de hoxe ten o seu punto de mira sobre un tema que entendemos candente, tanto nos círculos das esquerdas como no debate público, o debate nas rúas que se dá no cotiá: a vixencia da forma parlamento. Acompáñannos o xornalista Anxo Lugilde, a europarlamentaria Ana Miranda, o activista Xoán Mosquera e o coordinador nacional de Anova, Martiño Noriega.

Somos unha xeración política -que creceu, no Reino de España, logo da Transición e a restauración borbónica de 1978– que se emocionou en decembro de 2001 co "Que se vayan todos" que berraba o pobo arxentino para pór en fuga cleptócratas e banqueiros.

Somos unha xeración política que bebeu da palabra de orden "Nuestros sueños no caben en sus urnas" que repetían zapatistas e outros movementos latinoamericanos nas contornas do decenio pasado. Somos, ao cabo, unha xeración política que xestualizou a súa madurez expresiva baixo o claro e contundente "¡No nos representan!" que tomou prazas e rúas de todo o Estado español.

O curso político pasado foi un curso de parlamentos asediados. Por todo occidente vivimos momentos de asedio a un poder lexislativo que ve así cuestionada a súa lexitimidade. Na Carrera de San Jerónimo en Madrid, no Parlament catalán rodeado por miles de indignadxs ou, no noso país, con diferentes movementos e manifestacións que, como expresión de fartazgo e indignación, rodearon o hipotético centro do poder soberano.

Hai quen di que, a día de hoxe, a democracia representativa non é máis que unha simple “pantasma, un fetiche ideolóxico”. Na Grecia que hoxe en día se levanta, hai 2000 anos, Aristóteles, filosofo dificilmente reducíbel a guerrilleiro ou radical de esquerda deixouno claro: “Hai democracia onde mandan os pobres”.

Ante este escenario histórico, a pregunta semella encetada: Parlamentos hoxe, precisos ou prescindibeis?

  • arriba
Comentarios
Imaxe de Isa
Isa

No minuto 46 ocórreseme pensar se habería que confrontar a política de Feijoo e do PP coas aportacións á administración empresarial de Peter Drüker. Pensade que ainda que se formou con Keynes, é un crítico.

Imaxe de Isa
Isa

Minuto 61. O enfrontamento nun parlamento no que non hai un principio maioritario nen circunscripcións pequenas, con mandato representativo e non imperativo, sen responsabilidade máis que pola vía da moción de censura e dos acordos. Creo que na dereita callou a idea de que a intelixencia emocional é paixón ou cando menos compromiso forte co que se pensa, coido que de aí o nomeamento dunha rapaza con discapacidade intelectual nun posto de dirección nun concello. A sobrevaloración da emoción leva ao fascismo, coido.

Imaxe de Isa
Isa

Minuto 69. Falades de esquerda. A miña dúbida é o encadre de Gallardón na política europea e mundial. A partir de aí determinaría se con PSOE ou sen PSOE (ou PSdG), partindo de que eu non sou da xeración que describistes ao principio.

Imaxe de Isa
Isa

Minuto 71, ¿Qué pensades do papel de Emilio Ontiveros como intelectual?

Imaxe de Isa
Isa

Desculpade se molesto a alguén. Eu verdadeiramente son republicana.

Engadir un novo comentario