Close
Close

Como funciona

Galiza Ano Cero quere funcionar como unha organización borrosa con instancias desencaixadas pero solidarias entre si. Como un experimento de ecoloxía organizativa. En definitiva, como unha comunidade de comunidades:

 

A asociación. O noso soporte legal e administrativo é unha asociación cultural, Galiza Ano Cero, rexida por uns estatutos, dotada cunhas liñas estratéxicas en permanente discursión e organizada arredor da súa asemblea de socias e socios, o seu órgano soberano, e a xunta directiva por ela escollida. Participar na asociación como unha máis é tan doado como cubrir un formulario e escoller a cota máis acaída (5 ou 10 euros ao mes). Con iso é abondo para ter voz e voto no futuro deste proxecto e poder publicar neste web, algo que só as persoas asociadas poden facer.

 

Os grupos de traballo. O día a día de Galiza Ano Cero distribúese en cinco grupos de traballo abertos, autónomos e solidarios nos que calquera, sexa ou non socio, pode entrar e saír cando lle pete. De momento, son cinco os que funcionan de maneira estábel:

Contidos | Encárgase de propoñer temas e protagonistas, elaborar guións, moderar debates, facer entrevistas, etc.

Realización | Grava, edita e decide como se gravan e se editan os contidos, onde se colocan as cámaras, que clase de son, iluminación, montaxe, grafismo, etc.

Xestión | Aquí despáchanse as contas, o día a día do banco de horas co que intentaremos remunerar as tarefas, as fontes de financiamento, as peaxes administrativas, etc.

Produción | Se todo sae como debe e á hora prevista é grazas á xente de produción, que se encarga das dietas, os desprazamentos, o material preciso, etc.

Comunicación | Xestiona o correo, as redes sociais, este web, toda a comunicación, cara a fóra e ao revés, dun lado para o outro e viceversa, etc.

 

A comunidade de usuarias e usuarios. Cada un de vós, ti mesma, forma parte tamén de Galiza Ano Cero. Dos teus comentarios, da túa valoración dos nosos contidos e da túa participación nas nosas enquisas e consultas dependerá, en boa parte, o que aquí se faga.

Últimos chíos

RT @:

Reply Retweet Favorite

RT @:

Reply Retweet Favorite

RT @:

Reply Retweet Favorite
Fai unha doazón Colabora con Galiza Ano Cero

0,90€

Doar

Ti escolles: fai unha microdoazón de 0,90€ ou escribe a cantidade e fai clic en doar.